|
Article on other languages:
|
Un xogo de rol é un xogo en que cada xogador participante interpreta un determinado rol ou papel dentro dunha aventura arbitrada polo chamado director de xogo. Nos xogos de rol, os xogadores, axudados polo Dx (Diretor de Xogo, Master, Narrador, etc.), encarnan os papeis de personaxes que habitan outros mundos ou situacións diferentes ás reais, "vivindo" aventuras neses mundos que, normalmente, están pragadas de dificultades, inimigos, xentes e razas fantásticas, conflitos e maxia. Os xogos de rol desenvolvense ao redor dunha mesa, na cal se sentan os xogadores que encarnan aos "Px´s" (Personaxes xogadores) e o Director de Xogo. Este, como narrador, conta a historia (preparada con anterioridade), e preséntalles aos xogadores as diferentes situacións en que deberán posicionarse dalgún xeito, sempre actuando dun xeito similar ao que cren que faría a súa personaxe nesas circunstancias. En moitos casos, os xogadores falarán de xeito moi diferente ó que falan na súa vida real, ou mesmo actuando contrariamente ao que crerían correcto se fosen eles mesmos. Para xogar non se precisa máis có libro de regras correspondente ao xogo en cuestión, algúns dados de diferentes formas poliédricas (de 4,6,8,10,12 ou 20 caras), uns lapis e uns papeis, nos caes se apuntan as características ou trazos da personaxe que leva cada xogador. Durante unha partida de rol aparecerán situacións que se poderán resolver dun xeito automático sen a necesidade de tirar dados ou acudir a algunha regra. Para cando esas ocasións non están tan claras, existe o que se chama o sistema de xogo, é dicir, un conxunto de regras máis ou menos sinxelas que delimitan a posibilidade de facer unhas cousas ou outras dependendo do momento.
Orixes
A finais dos anos 60 no século XX desenvolveuse nos Estados Unidos un novo concepto de xogo. Neste xogo non había nin fichas, nin taboleiro, nin sequera unhas regras estritas; tan só se baseaba na interpretación, no diálogo, a imaxinación e no sentido de aventura. Este concepto de xogo foi tomando forma e, a mediados dos anos 70 foi publicado o primeiro xogo de rol como tal, o Dungeons & Dragons. Hoxe en día hai miles de xogos de rol diferentes por todo o mundo, redactados en máis dunha ducia de linguas, moitos deles dispoñibles en internet de forma gratuíta. Xogos de rol en GaliciaOs xogos de rol chegan a Galicia de mans de editoriais españolas e doutros países. Algúns afecionados comezan a utilizar os xogos en inglés antes da súa popularización en España, pero constitúen unha minoría. Xa durante a década de 1990 hai algúns intentos tímidos por parte dos xogadores de rol galegos por crear proxectos de produción propia. A maior parte son autoeditados polos afeccionados e aínda que algúns contan con algún tipo de subvención oficial, pasan desapercibidos. De xeito indirecto algúns xogos de rol como Vampiro, Aquelarre, Ars Magica, Fanhunter e en xeral os xogos con algún tipo de ambientación ou referencia histórica dedican certos suplementos ou fan referencia a Galicia. Porén, o 20 de novembro de 2007 realízase a presentación oficial de As Crónicas de Gáidil en Santiago de Compostela, primeiro xogo de rol galego en lingua galega, contando con apoio subvencionado da Xunta de Galicia. A ambientación de As Crónicas de Gáidil toma como referencia as lendas e mitos célticos-castrexos para crear un mundo fantástico chamado Gáidil, pero centrado nunha rexión chamada Gael-leach, reflexo borroso e distorsionado dunha Galiza castrexa onde os deuses como Lugh, Mórrigan ou Lir se mesturan coas castes dos nerios, lemavos, libredóns ou ártabros nun entorno de fantasía na idade de bronce. Tipos de Xogos de RolDende os anos 70 que apareceu o primeiro xogo de rol propiamente dito, estes medraron e reproducíronse dun xeito abraiante, aparecendo diferentes xogos e ambientacións de campaña. Segundo o sistema de xogo
Segundo a súa ambientaciónMedievais fantásticosMundos nos cales os dragóns, os magos e estraños e mitolóxicos seres son tan reais coma a vida mesma.
Ciencia ficción
Terror
Outras ambientacións
Termos empregados nos Xogos de Rol
Videoxogos de RolOs videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo. Dinámica de xogoA dinámica nos videoxogos de rol adoita ser variada e cunha significativa preferencia a historias abertas, nas cales é o xogador e as súas accións as que cambian a propia historia; moito máis clara ca noutros xéneros máis lineais, como os shooters. A dinámica de xogo adoita estar influída pola raza de personaxe que se elixa, xa que neste tipo de xogos, nos cales impera a fantasía, non se ten demasiado en conta a realidade histórica. O personaxe irá aumentando de nivel, mellorando así as súas capacidades e habilidades. Será o xogador o que elixa cales serán as aptitudes do seu personaxe. O progama terá máis ou menos predefinidos estes camiños que pode tomar o xogador, por exemplo, o personaxe poderá chegar a ser un arquimago ou un paladin. Estas características normalmente aparecen representadas nunha táboa de estatísticas, que o xogador pode modificar ó subir de nivel co seu personaxe. Estas características sérvenlle ao xogador e ó seu personaxe para progresar na aventura, xa que con elas o personaxe poderá ter máis forza, intelixencia, etc; poderá facer certos conxuros, e levar armaduras ou armas máis contundentes, o que lle permitirá derrotar inimigos máis poderosos. Para subir de nivel, o xogador deberá derrotar inimigos, facer as misión que permiten progresar na aventura e, nalgúns casos facéndolle favores a xente que se atopa no camiño. Ligazóns Externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.