Royal Navy

Article on other languages:

Bandeira da Royal Navy

A Armada Real Britanica ou Royal Navy é o máis antigo dos corpos militares británicos. Desde aproximadamente 1805 e ata a Segunda Guerra Mundial foi a mariña maior e máis poderosa do mundo. A Navy axudou a converter ao Reino Unido na potenza dominante do século XIX, e foi esencial no mantenimento do Imperio Británico. Hoxe en día, a Royal Navy é moito máis pequena, a pesar de que sigue sendo a maior armada de guerra da Europa Occidental, e tecnoloxicamente, unha das máis avanzadas do mundo.

Índice

Historia

A Mariña Real Inglesa tivo historicamente un papel central na defensa e nas guerras de Inglaterra, e posteriormente, de Gran Bretaña, do Reino Unido e do Imperio Británico. Debido a que Gran Bretaña e Irlanda son illas, e que ningún punto do Reino Unido atópase a máis de 120 kilómetros do mar, calquera potenza inimiga (ao menos antes da aviación), debía atravesar o mar para atacar as illas. A consecución da superioridade naval por calquera potenza hostil houbera suposto un gran perigo para a nación. Máis aínda: unha armada forte era vital no mantenimento da seguridade dos subministros e as comunicacións cos lugares distentes do Imperio.

Inglaterra (800-1700)

A primeira armada inglesa foi establecida no século IX por Alfredo o Grande, aínda que cedo caeu no abandono. Os reis normandos iniciaron un equivalente en 1155 coa creación da Alianza dos Cinco Portos e o establecemento do posto de Lord Warden nos Cinco Portos. Isto resultou efectivo durante os anos da dinastía Plantagenet, mais como a maioría das institucións deste tipo, caeu tamén en desuso.

A primeira reforma e a maior expansión da ‘‘Roial Navy’‘, tal como se coñece, sucedeu no século XVI, durante o reinado de Henrique VIII, cuxos barcos ‘‘Henri Grâce a Deu’‘ («‘‘Great Harry’‘») e ‘‘Mary Rose’‘, enfrentáronse á armada francesa na Batalla de Solent, en 1545. Na época da morte de Henrique, en 1547, a súa flota contaba xa con 58 navíos.

En 1588, o Imperio Español, por aquela época a gran superpotenza naval do mundo, ameazaba a inglaterra coa invasión, e a armada española fíxose á mar para reforzar o dominio español sobre o Canal da Mancha e transportar tropas desde os Países Baixos ata Inglaterra. Sen embargo, esta armada fracasou no seu intento, debido sobre todo ao pésimo clima que fixo estragos na mesma, e en menor medida ao hostigamento da ‘‘Roial Navy’‘ e á rebelión holandesa nos territorios aledanos ao Canal. A perda da armada foi a primeira gran vitoria dos ingleses no mar. Inglaterra continuou atacando os portos españois e os buques que viaxaban polo Atlántico durante o reinado de Isabel I de Inglaterra.

1692-1914

O servizo naval permanente non existeu realmente ata mediados do século XVII, cando o parlamento tomou o mando da Flota Real tras o derrocamento de Carlos I de Inglaterra na guerra civil. Esta segunda reforma da mariña foi levada a cabo por Robert Blake, durante o goberno de Oliver Cromwell. A imcorporación da ‘‘Roial Navy’‘ significou unha diferenza respecto das forzas de terra, as cales procedían de moi diversas fontes, incluíndo as realistas e as forzas anti-realistas parlamentarias.

A partir de 1692, a Mariña Real Inglesa cobrou importancia ameazando a ao española e á francesa (segunda en importancia da época) e durante todo o século XVIII a cuestión estivo no liza, aínda que con vantaxe española. A roial Navy sufreu só unha derrota importante a mans francesas na Batalla de Chesapeake contra Francia en 1781, e varias a mans dos españois (en 1741 no sitio de Cartaxena de Indias, e en 1790 no sitio de Tenerife, e nos dous sitios de Boos Ars, e en...)

Entre 1805 e 1940, a ‘‘Roial Navy’‘ foi a armada máis potente do mundo, sen case contestación. Desde na Batalla de Trafalgar de 1805, onde bateu a unha armada combinada franco-española a pesar da inferioridade numérica británica, conseguindo con esta actuación o predominio marítimo para todo o século XIX. Esta última acción enmárcase dentro das Guerras Napoleónicas.

No século XIX, a ‘‘Roial Navy’‘ foi crucial para permitir o mantenimento do Imperio Británico. Ademais de impedir o tráfico de escravos e a piratería.

A vida a bordo dos buques da ‘‘Roial Navy’‘ consideraríase extremadamente dura conforme aos estándares actuais. A discipliña era seveira e usábase con frecuencia o flaxelamento para reforzar a obediencia. As leis permitían á mariña a apresar marineiros para o servizo militar en tempos de guerra, medida esta moi impopular, aínda que esta práctica foi abandonada tras as Guerras Napoleónicas ao non haber necesidade de manter unha armada tan grande.

1914-1945

Durante as dúas guerras mundiais, a Armada xugou un papel vital na protección dos subministros ao Reino Unido de comida, armas e materiais, e na derrota das campañas alemás de guerra submariña no Atlántico. Tamén foi vital gardando as liñas de tráfico marítimo que permitían a Inglaterra loitar en lugares afastados como o Norte de África, o Mediterráneo e o Extremo Oriente. A supremacía naval era vital para as operacións anfibias como as invasións do norte de África, Sicilia, Italia e Normandía.

A Guerra Fría

Tras a Segunda Guerra Mundial, o emerxente poderío dos Estados Unidos e a decadencia do Imperio Británico reduciu o papel da ‘‘Roial Navy’‘. Sen embargo, a ameaza da Unión Soviética e os intereses británicos ao redor do mundo supuseron un novo e importante desafío para a Navy. nos anos 1960, a mariña recibiu a súa primeira arma nuclear, e posteriormente convirteuse na única portadora da forza nuclear inglesa. Nas últimas etapas da Guerra Fría, a Navy foi reforzada con tres portaavións de guerra antisubmariña e unha forza de pequenas fragatas e destrutores, co propósito de localizar e destruír en caso necesario aos submariños sovéticos no Atlántico Norte.

Operacións recentes

A acción máis importante dos últimos tempos foi a derrota en 1982 das forzas arxentinas na Guerra das Malvinas. A pesar da perda de catro buques na guerra, a ‘‘Roial Navy’‘ demostrou ser aínda capaz de loitar a case 13.000 kilómetros das Illas Británicas. A guerra tamén demostrou a necesidade de máis portaavións e submariños.

A Mariña inglesa participou tamén na Guerra do Golfo, o conflito de Kosovo, a campaña de Afganistán e a Guerra de Iraq en 2003, na que os buques da Navy bombardearon as posicións iraquíes en apoio da tropas británicas de terra.

Mariños famosos da Roial Navy

En orde cronolóxico aproximado.


A Real Flota e Real Flota auxiliar

‘‘‘Flota Roial Navy’‘‘

‘‘‘*Portaavións Lixeiros: 3’‘‘

‘‘‘*Fragatas Tipo 22: 4’‘‘

‘‘‘*Fragatas Tipo 23: 14’‘‘

‘‘‘*Destrutores T42: 8’‘‘

‘‘‘*Buque de Asalto Anfibio clase Ocean: 1’‘‘

‘‘‘*Buque de Asalto Anfibio clase Albion: 2’‘‘

‘‘‘*Buques Hidrograficos e oceanograficos: 6’‘‘

‘‘‘*Patrulleiras e barcos de adestramento: 22’‘‘

‘‘‘*Buques Contramiñas: 19 (Clase Hunt e clase Sandown)’‘‘ ‘‘Clase "Hunt"‘‘

‘‘‘*Submariños Clase Trafalgar (SSN): 7’‘‘

‘‘‘*Submariños Clase Swiftsure (SSN): 4’‘‘

‘‘‘*Submariños Clase Vanguard (SSBN): 4’‘‘


‘‘‘Flota; Real Flota Auxiliar (R.F.A)’‘‘

A Futura Armada Real


Véxase tamén

Ligazóns externas

More about Royal_Navy: royal navy ship, royal canadian navy, royal australian navy, 2 ace ace aircraft navy royal war world, royal navy uniform, hms royal navy, history of the royal navy, history illustrated navy oxford royal, royal navy submarine,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.