Kingsley William Amis (Londres1922 – 1995) novelista, poeta, crítico e profesor inglés. Escribiu máis de vinte novelas, tres coleccións de poesía, relatos e guións de televisión e radio, e libros de crítica literaria e social.
Estudou en Oxford, onde fixo amizade con Philip Larkin, despois de servir no exército, completou os seus estudos universitarios en 1947, foi lector de inglés na Univesidade de Gales (1948-1961) e en Cambridge (1961-1963)
A súa primeira novela, Lucky Jim (1954), conseguíu un grande éxito popular, e é hoxe considerada unha novela exemplar dos anos cincuenta; nela que critica a sociedade do benestar.
Kingsley Amis rompeu co Partido Comunista Británico, do que era militante, cando a invasión soviética de Hungría (1956), e converteuse ao anticomunismo, chegando mesmo a posicións reaccionarias.
Obras
1947Bright November, primeira colección de poesía de Amis