Inkscape

Article on other languages:

  Inkscape

Inkscape empregado para deseñar un mapa
Desenvolvedor: Equipo Inkscape
Última versión: 0.46 (24 de marzo do 2008)
Sistema operativo: Multiplataforma
Xénero: Edición de gráficos vectoriais
Licenza: GPL
En galego:
Sitio web: www.inkscape.org


Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG. Este programa xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi.

As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos, etc.

A principal motivación de Inkscape é proporcionar á comunidade unha ferramenta de código aberto de debuxo SVG que cumpra completamente cos estándares XML, SVG e CSS2.

Inkscape atópase desenvolto principalmente para Linux, pero é unha ferramenta multiplataforma que funciona en Microsoft Windows, Mac OS X, e outros sistemas operativos similares a Unix.

Inkscape ten un bo soporte multilingue particularmente para scripts complexos e atópase distribuído baixo a Licenza Pública Xeral GNU, polo que é software libre.

Vexase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos

Ligazóns externas

More about Inkscape: download free inkscape, download inkscape,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.