Francia - France

Article on other languages:

République française
República de Francia
Bandeira de Francia Escudo de Francia
Bandeira Escudo
Lema: Liberté, Égalité, Fraternité
(en francés: Liberdade, Igualdade, Fraternidade)
Himno nacional: A Marsellesa
 
 
Capital
 • Poboación
París
11.174.743
Cidade máis poboada París
Linguas
 • Oficiais
n/d
n/d
Forma de goberno República
Nicolas Sarkozy
François Fillon

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 40º
675.417 2 km2
0,26
2889 km
5500 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 20º
64.473.140 (2008) 3
95,9 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 6º
2.515.241 millóns USD
40.782 USD
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 7º
1,9 billóns USD
29.203 USD
IDH (2005) 0,952 (10º) – 
Moeda Euro
(€, EUR)
Xentilicio Francés, francesa
Fuso horario CET (UTC+1)5
Dominio de Internet .fr
Prefixo telefónico +33
Prefixo radiofónico FAA-FZZ, HWA-HYZ, THA-THZ, TKA-TKZ, TMA-TMZ, TOA-TQZ, TVA-TXZ
Código ISO 250 / FRA / FR
Membro de: UE, OTAN, ONU, OSCE, OCDE, G-8, OIF, UL.

1 Fálanse varios idiomas rexionais.
2 Dos cales 551.098m km² corresponden á Francia metropolitana, isto é, europea (cifras do Instituto Xeográfico Nacional Francés)
3 Dos cales, 61.875.822 na Francia metropolitana.
4 Tódala República Francesa salvo os territorios de ultramar no Océano Pacífico, onde se emprega o franco CFP (XPF).
5 Só a Francia metropolitana.

Tódolos países do mundo

Francia (en francés: France) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675.417 km² e conta cunha poboación de 64,5 millóns de habitantes[1].

Constituído en Estado social e democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (tamén chamada Francia continental e popularmente l'Hexagone (o Hexágono) polo seu símil con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co Mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co Golfo de Biscaia e o Océano Atlántico; ao norte coa Canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o Mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Surinam (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, San Bartolomé, San Martín, (que limita coas Antillas Neerlandesas), e de San Pedro e Miquelón. No Océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no Océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico e cunha elevada difusión internacional da súa cultura. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais[2]. Francia, fogar da primeira Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas[3] e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas[4] e membro da OTAN.

Antiga potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüistico de Francia, que é membro da Unión Latina.

Índice

Orixe etimolóxica

O nome significa "terra dos francos". Os francos foron unha tribo que invadiu a Galia no século V, en tempos da desintegración do Imperio Romano de Occidente. Os francos e os galos (xermanos os primeiros e celtas os segundos, ambos indoeuropeos) fusionados e xunto a outros grupos importantes, deron orixe aos franceses. Aínda na actualidade adóitase empregar "franco" ou "galo" para se referir ao que é "francés" ou ao que está en relación cos franceses. A configuración das súas fronteiras xeográficas no continente europeo fixo que se lle coñeza coma o hexágono.

Historia

Artigo principal: Historia de Francia.

A Francia actual é un país de lingua románica con superestrato xermano que ocupa a maior parte da antiga Galia celta conquistada por Xulio César. O país tomou o seu nome dos francos, pobo xermánico cuxo nome significaba «homes libres», e que se instalou nuha parte das terras ocupadas polo Imperio Romano.

Evolución do nome «Francia» e do seu territorio

Bautizo de Clodoveo I, rei dos francos

Inicialmente, a palabra latina Francia designou a rexión do norte de Europa, poboada, ou máis ben dominada, por pobos guerreiros xermánicos auto denominados francos. Francia é unha adaptación latina do século III[Cómpre referencia] do termo franco, nome que daban os francos aos seus dominios, entón situado probablemente na actual Flandres belga. En efecto, dende os séculos III e IV os romanos xa tiñan contactos cos francos, a quen enrolaban como mercenarios no seu exército, xa antes das invasións propiamente xermánicas. A denominación Francia non tiña daquela unha connotación política senón xeográfica ou sociolóxica, coma o Magreb ou os Balcáns no século XXI. Os francos eran ante todo un pobo de guerreiros que elixía a un xefe caudillo, a quen nomeaban rei dos francos e que constituía a máxima autoridade para asuntos militares. Naqueles tempos a guerra considerábase o valor por excelencia da liberdade e isto fixo que co tempo o termo franco se convertese en sinónimo de libre.

En 1204, a palabra Francia designou, por vez primeira, o territorio sobre o cal exercía a súa autoridade o rei dos francos, a quen comezou a chamarse rex Francie. A autoridade dos reis francos sobre os señores do que se chamaba reino franco só constituía unha autoridade de señor a vasalo, de home a home. O vencello que une as diferentes tribos francas era tan só de tipo militar, para facer a guerra. O rei franco só era señor no dominio territorial de seu. O feito de que o rei franco compartise costumes e cultura cos outros señores non significaba que mandase nos territorios e nas xentes dos territorios dos señores francos. O rei franco só era un xefe de guerra, non un xefe de estado.

É por isto polo que se compara o concepto da Europa de 1957, na que existe unha unidade de mando con respecto a un único tema, co modelo de reinado do rei franco. Para o rei franco, o que lle daba unidade a todos os territorios era a guerra de defensa do reino franco, mentres que para os europeos de 1957 era a economía de Europa. Para que fose recoñecido o concepto dunha autoridade civil de rei sobre un territorio habería que agardar ata o século XV cando, polas boas ou pola forza, así o entenderon a inmensa maioría dos señores.

A comezos do século XVI o concepto de res publica ("cousa pública") reaparece timidamente logo de esvaecer coa caída do imperio romano. En 1499, os contratos de casamento do rei de Francia, que dispuña da propiedade de Francia, intentou, sen éxito, constituír un compromiso non só entre os asinantes, senón tamén entre os seus descendentes e mesmo os seus sucesores. O concepto de nacionalidade francesa comezouse a definir naquela época.

É tamén cara esta época cando se iniciou o embrión do estado. Ata a metade do século XVI, o rei era un nómade que se desprazaba ao longo de tódalas súas terras, sen ficar nunca máis dalgunhas semanas na mesma residencia, o cal limitaba singularmente as posibilidades de centralismo das funcións estatais.

A principios do século XVII, a política exterior de Francia comezou a ir alén da defensa e da agresión militar directa ao introducir Richelieu a diplomacia como medio para levar a cabo as guerras entre países.

A revolución francesa constitúe a partida de nacemento da nación francesa, e do pobo francés como actor político. Son as guerras napoleónicas, e sobre todo as grandes guerras de 1870, 1914 e 1939, as que conformaron a imaxe mental de Francia compartida polos franceses. As dificultades económicas vencelladas á globalización da primeira e segunda metade do século XX exacerban (como no resto de Europa) este sentimento nacional no nacionalismo.

Prehistoria, protohistoria e antigüidade

Artigos principais: Galia e Galia romana.
Escena da rendición de Vercingetorix ante César

A presenza humana sobre o territorio francés remóntase ao paleolítico inferior. Unha das localizacións máis antigas (1.800.000 anos a. de C.) onde se poden atopar vestixios dun asentamento humano é na localidade de Chilhac (no Alto Loira). Varios lugares franceses con datacións posteriores deron o seu nome a facies culturais, como o Achelense, o Musteriense, o Solutrense ou o Magdaleniense.

Ao longo do territorio francés atópanse un número importante de covas adornadas do paleolítico superior, das cales a máis coñecida é a cova de Lascaux (Dordoña) cuxas pinturas remóntanse 15.000 a. de C.. A partir de 7.000 a. de C. aproximadamente, a rexión entrou no neolítico, o asentamento máis antigo coñecido é o lugar de Courthézon (Vaucluse), datado de 4560 a. C. aproximadamente.

Aló polo ano 900 a. de C. os celtas chegaron e instaláronse no territorio da actual Francia, ocupando a súa totalidade no século III a. de C. Cara ao ano 680 a. C., os primeiros colonos gregos comezaron a instalarse no litoral mediterráneo, fundando a colonia grega de Antibes.[Cómpre referencia]

Cara ao ano 125 a. de C. a Galia Narbonense, pasou a estar baixou o dominio romano. O dominio romano seguiu espallándose logo da guerra das Galias ata ocupar todo o territorio da actual Francia no ano 51 a. de C. Baixo o Imperio Romano desenvolveuse unha próspera civilización galo-romana, achegando a Francia unha base de cultura latina e conducindo indirectamente á súa cristianización, a cal tería lugar nun lento proceso comezado no século II e rematado no século VI.

A Francia merovínxia e carolínxia

Artigos principais: Invasións dos pobos bárbaros, merovinxios, Reino franco, e carolinxios.

A partires do século V comezou a época das migracións bárbaras á Galia, destacando a presenza de varios pobos entre os cales se atopaban os burgundios, os visigodos e os francos. Unha grande parte das rexións que constitúen a Francia actual uníronse baixo o dominio de Clodoveo I no ano 507 (reunión baixo a dominación franca, ou regnum francorum, dos alamáns, os burgundios e os visigodos no norte dos Pireneos{{Cómpre cita|que significa isto? que cando Clodoveo I se reuniron os tres primeiros cos alamáns?). Este "reino dos Francos" que se estendía sobre o que aínda se chamaba a Galia instaurouse coa lexitimidade e unidade que lle outorgaba a herdanza cultural romana. O reino franco, durante a dinastia dos Merovinxios, estivo a mercé das herdanzas dos herdeiros de Clodoveo, dividíndose e reuníndose logo durante varias ocasións. Cando estiveron divididos, estes reinos ulteriores eran a Neustria (París), a Austrasia (Metz), a Borgoña (Chalon-sur-Saône), e a Aquitania (Bordeos).

Na segunda metade do século VIII Pipino o Breve, rei non merovinxio dos Francos, estende considerablemente o reino dos Francos, pronto erixido en Imperio polo seu fillo Carlomagno e o seu neto Luís o Piadoso (Louis le Pieux). Logo da morte de Luís, o seu dominio é compartido en tres partes onde a autoridade central afúndese rapidamente, volvendo a organización da rexión a situación anterior: a Francia orientalis (ao leste), a Francia occidentalis (ao oeste) e entre as dúas a efémera Lotarinxia, dominio dun emperador moi teórico.

A parte oriental corresponde ao que se converteu máis tarde en Alemaña e a parte occidental, Francia. A fonte máis antiga que testemuña o uso das dúas linguas diferentes dunha e outra parte do río Rin (a tedesca e a romana) data 842, cos xuramentos de Estrasburgo pasados entre os netos de Carlomagno. Este texto presentouse a miúdo como o acto fundador de Francia (e de Alemaña). Os descendentes de Carlomagno (os Carolinxios) conservan unha influencia simbólica sobre os territorios que se corresponden moi aproximadamente con Francia ata 987, cando o duque Hugo Capeto (Hugues Capet) foi elixido rei dos francos.

A Francia feudal

Artigos principais: Dinastía dos Capetos e Dinastía Valois.

Hugo Capeto, modificando as regras de sucesión, creou as condicións que permitirían, ao longo dos séculos seguintes, a institución de Francia como estado. Os seus descendentes reinaron sucesivamente sobre Francia, en tres dinastías (os Capetos, os Valois e os Borbóns), ata 1792 cando Luís XVI perde o trono na revolución francesa, logo dun intermedio de trinta anos (do 1814 ao 1848).

Os primeiros reis da dinastía espallaron progresivamente o dominio real, consolidando a realeza franca malia a oposición dos Plantagenêts, materializada na guerra dos Cen Anos. A autoridade do rei dos Francos non se estendería desde os Pireneos ata a Mancha ata finais do século XII, con Philippe Auguste. Naquela época comezouse a empregar a expresión reino de Francia e esta expresión adquire un peso comparable ao de Inglaterra ou de Sacro Imperio Romano Xermánico. Os últimos séculos da Idade media, marcados polas crises da guerra dos Cen Anos e da peste negra, reforzan finalmente a autoridade real, a cal vólvese indiscutible durante o século XV, co reinado de Luís XI.

Renacemento e absolutismo

Artigos principais: Renacemento, e Antigo Réxime.
Luís XIV, o rei Sol

Trala fin da Idade media, España convértese nunha forte ameaza para os franceses ao unirse o reino dos reis católicos coas posesións dos Habsburgo dando orixe ao imperio de Carlos I de España e V de Alemaña. Buscando facerlle fronte, Francisco I e o seu fillo Henrique II de Francia declararíanlle a guerra á potencia. A segunda metade do século XVI marcaría o reino francés coas guerras de relixión e os reinados dos derradeiros Valois (Francisco II, Carlos IX, Henrique III) que afastarían Francia do escenario político europeo.

Habería que agardar ao reinado de Henrique IV, Luís XIII e o seu ministro Richelieu, para que a potencia española cedese o paso á de Francia. Malia a temperá desaparición destes actores, o equilibrio das forzas sería de novo restablecido e derrubado, por grandes políticos como Mazarin, particularmente cos tratados de Westfalia (1648) e dos Pireneos (1659).

No campo colonial, Francia vería as súas empresas con luces e sombras. Malia a boa saída cara a América coa expedición de Jacques Cartier baixo o reinado de Francisco I, e os establecementos conseguidos nas Antillas, Luisiana, e no Senegal durante o reinado de Luís XIV, a falta de determinación de Luís XV conduciría ao reino a graves fracasos fronte os ingleses na India e no Canadá, rompendo os éxitos conseguidos polos primeiros colonizadores franceses.

Revolución e imperio

Artigos principais: Revolución francesa, Consulado francés, Cen Días, e Primeiro imperio.

As dificultades financeiras, a repulsa das reformas e a impaciencia popular conducen á Revolución francesa, do 1789 ao 1799. Neste importante episodio na construción da historia nacional vai nacer asemade a Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789 e a promoción dos ideais de liberdade, igualdade e fraternidade.

A Revolución celébrase en varias fases e comeza cun ensaio de monarquía constitucional, coa reunión dos Estados xerais, logo a toma da Bastilla o 14 de xullo de 1789 e os trastornos[Cómpre referencia] políticos e sociais (oposición do terceiro estado fronte á nobreza), e acaban na caída da monarquía, o 10 de agosto de 1792. A ebulición revolucionaria conduce a unha sucesión de réximes (a República do Convenio, Directorio, Consulado), todos en conflito case permanente coas demais monarquías europeas, inquedos ante unha posible propagación das ideas republicanas.

A partires de 1799, Napoléon Bonaparte toma o poder, inicialmente como primeiro cónsul e logo como emperador. Este período ve a instauración de novas institucións, mentres que Francia se estende militarmente a través de Europa, antes dun período de revés importante. Este período termínase coa restauración dos Bourbones en 1815.

O século XIX

Artigos principais: Restauración francesa, Revolución de 1830, Segunda República Francesa e Segundo Imperio Francés.
La Liberté guidant le peuple ("A liberdade guiando ao pobo") de Eugène Delacroix (1833), obra pictórica convertida en símbolo da Revolución de 1830

A Restauración de 1815 marca o principio dunha nova tentativa de monarquía constitucional, pero as tensións dos reinados de Luís XVIII e logo sobre todo de Carlos X conducen á Revolución de 1830, que leva a Luís-Filipe I ao poder. Desde 1830 ata 1848, a monarquía de xullo é un réxime sostido pola burguesía, pero que suscita unha oposición lexitimista, bonarpartista e sobre todo republicana.

Esta última arrastra a revolución de febreiro de 1848 que ve unha tentativa de réxime presidencial, a Segunda República.

O 2 de decembro de 1851, o presidente da República, Louis-Napoléon Bonaparte, sobriño de Napoleón I, organiza un golpe de estado. O 14 de xaneiro de 1852, é nomeado emperador baixo o nome de Napoleón III. Baixo o Segundo Imperio, o país coñece os principios da segunda industrialización, impulsada por orientacións económicas liberais, fundadas en construcións capitalistas estruturais básicas (bancos de negocios, compañías de ferrocarril e marítimas, industrias téxtiles, grandes comercios e industrias, etc.). No plan da política exterior, Napoléon III asegúrase a confianza do Reino Unido (guerra de Crimea) que permite asentar a influencia de Francia en Próximo Oriente mentres que a súa acción en Italia, contra Austria, é coroada con éxito e conduce á anexión en Francia das rexións do Piamonte (Saboia, Niza). Con todo, graves reveses empeñan considerablemente a imaxe do réxime e reforzan unha oposición exterior e interior (Victor Hugo). A aposta da loita contra Prusia para devolver un certo brillo ao Imperio, precipita a súa caída. O imperio remata así en 1870 logo da derrota de Sedán. A perda da Alsacia-Lorena e as indemnidades[Cómpre referencia] considerables debidas o imperio alemán creado a favor da vantaxe tomada por Prusia, conducen a un gran resentimento nacional ("o desquite", en francés la Revanche). Un feito significativo para os acontecementos seguintes será que o crecemento da poboación italiana e sobre todo da alemá excede con moito a de Francia, que fora o país o máis poboado de Europa durante a revolución.

A terceira república e a liberación de 1945

Artigos principais: Terceira República Francesa, Primeira Guerra Mundial, Período de entreguerras e Francia de Vichy.
O emblemático Caso Dreyfus

A guerra de 1870 arrastra a caída do Segundo Imperio e a volta á república, logo da insurrección do Municipio de París (Commune de Paris). O Segundo Imperio evolucionara cara a un réxime parlamentario, e a súa herdanza é en parte repetida III República. Logo dalgúns anos de vacilación, a Terceira República é finalmente confirmada en 1875, a práctica das institucións facendo un réxime de asemblea.

Baixo a Terceira República, Francia estende o seu imperio colonial, cuxa conquista comezara baixo as monarquías do século XIX (África occidental e ecuatorial, Marrocos, Tunisia, Madagascar, Indochina).

Saída vitoriosa, pero ao prezo de sufrimentos inmensos demográficos e económicos, da Primeira Guerra Mundial, Francia coñece un período de crise económica e política nos anos 1930. A derrota de 1940 conduce á atribución por voto dos plenos poderes ao mariscal Pétain durante a Segunda Guerra Mundial. Este substitúe a república por un Estado francés negado pola Francia libre do xeneral de Gaulle ata 1944.

A cuarta e a quinta república

Artigos principais: Cuarta República Francesa e Quinta República Francesa

En consecuencia da Segunda Guerra mundial, a Cuarta República é promulgada o 27 de outubro de 1946, pero ponse fronte a dificultades graves no Imperio colonial, primeiro en Indochina, logo en Alxeria, mentres que noutro lugar a descolonización faise por negociación. A inestabilidade gobernamental que resulta diso, finalmente xera unha crise que conduce a un cambio de constitución. Con todo, a pesar dos cambios frecuentes de ministerios, unha certa constancia da política de construción europea permitiu participar activamente en primeiro lugar na Comunidade europea do carbón e do aceiro en 1950, logo na firma do tratado de Roma en 1957 fundador do Mercado común. Doutra banda, a política de desenvolvemento da industria nuclear tanto civil como militar, permitiu asentar unha política independente nos anos 1960.

A constitución da quinta república, redactada baixo a influencia do xeneral Charles de Gaulle e de Michel Debré, é adoptada o 4 de outubro de 1958. Coloca a república en réxime parlamentario que se revela resistir mellor ás inestabilidades que as repúblicas parlamentarias precedentes. En 1962, a conxunción da elección do presidente da república ao sufraxio universal directo e do feito maioritario no parlamento favorable para o presidente van modificar a constitución para ter unha lectura favorable para o presidente. Fálase entón de réxime parlamentario présidencializado. Este caso de Francia é único; en todos os demais réximes parlamentarios, o xefe do estado sistematicamente borrouse en proveito do xefe de goberno, que é sostido pola maioría parlamentaria. Maurice Duverger desexou definir a quinta república como que dependía dunha nova categoría, a do réxime semipresidencial. Con todo, esta tipoloxía non esta aceptada por todos.

A partir de 1973, a economía francesa coñece unha sucesión de crises económicas e de períodos de débil crecemento, que arrastran unha alteración frecuente no seo do poder. Do 1986 ao 1988, logo do 1993 ao 1995 e por fin do 1997 ao 2002, o fenómeno da convivencia (anulación do feito maioritario favorable para o Presidente, o que fai que o Primeiro ministro é dun diferente pensamento político que o Presidente) aínda modifica a lectura da constitución, para voltar a unha lectura máis próxima da súa concepción en 1958, é dicir, un réxime parlamentario.

Dende os anos 1950, a reconciliación, logo a cooperación con Alemaña permitiron a Francia desenvolver un papel de motor na construción europea, particularmente coa Comunidade Económica Europea. Fíxose un dos principais países da Unión Europea, partidario dunha Europa política forte, aínda que rexeitase a Constitución europea polo 55% dos sufraxios o 29 de maio de 2005.

Política

Artigo principal: Política de Francia.

Poderes centrais

Nicolas Sarkozy, presidente da República Francesa, elixido por cinco anos no maio 2007

Francia é unha república constitucional, "indivisible, laica, democrática e social" (artigo Iº da constitution de 1958) de réxime parlamentario presidencialsta (porque a lectura faise a favor do Presidente da República, ás veces chamado con razón ou sen ela, réxime semipresidencial). A reforma constitucional do 28 de marzo de 2003 (acto II da descentralización) engadiu no mesmo artigo que a organización da República esta agora descentralizada.

François Fillon, Primeiro ministro, do goberno formado en maio 2007

Antes de 1962, o presidente da República francesa era elixido ao sufraxio universal indirecto por un corpo electoral estendido. Este estaba ensanchado para evitar a preponderancia do poder lexislativo sobre o poder executivo que se produciu baixo a IV República e que provocara o bloqueo das institucións. En novembro de 1962, o presidente da República, Charles de Gaulle, pediu por referendo que fose elixido por sufraxio universal directo, utilizando o artigo 11 da constitución de 1958, e non o artigo 89 desta. O artigo 11 permite someter a referendo leis sobre os poderes públicos, sobre a organización das institucións ou aínda sobre os tratados internacionais mentres que o artigo 89 permite someter unha reforma constitucional ao pobo pero despois do acordo do Parlamento reunido en congreso[5]. Esta opción arrastrou a caída do goberno Pompidou por unha moción de censura. Esta moción de censura foi a única da Quinta república que tivo éxito.

Na Constitución da Vª Républica, reforzouse o poder executivo en detrimento do lexislativo. O presidente ten o dereito de disolver a Asemblea Nacional (artigo 12 da Constitución), o dereito de realizar referendos (artigo 11 da Constitución), o poder de nomear ao primeiro ministro (artigo 8 da Constitución) ou mesmo o dereito de enviar mensaxes[6] ao Parlamento (artigo 18 da Constitución). En canto ao goberno, este determina e leva a política da nación. Tamén dispón do poder regulamentario[7] o que lle permite facer e adoptar leis. Tamén fixa as 3/4 partes das ordes do día na Asemblea Nacional.

Logo da reforma constitucional de 2001, o presidente da República elíxese por cinco anos por sufraxio universal directo (anteriormente eran 7 anos). O Parlamento está constituído pola Asemblea Nacional (eleito mediante voto popular), composta por 577 deputados e do Senado, que conta con 331 senadores (que serán 346 no ano 2010) elixidos por seis anos mediante sufraxio indirecto e renovado á metade cada tres anos. Os franceses residentes no exterior contan para a defensa dos seus intereses diante do Parlamente coa Asemblea dos Franceses no Estranxeiro.

A sede do Senado atópase no palais du Luxembourg


Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Francia.
Mapa xeográfico de Francia

Francia é un país rico, que disputa coa Alemaña e o Reino Unido a lideranza económica na Unión Europea, pois é a segunda economía da Europa e a cuarta do mundo (EUA, Xapón, Alemaña, Francia, Reino Unido). A capital da Francia, París é unha das cidades máis poboadas do continente, e figura como unha cidade das máis importantes do mundo.

Francia funciona coma un istmo que liga a Península Ibérica ao resto do continente, facendo fronteira coa Bélxica, Luxemburgo, Alemaña, Suíza, Italia, España, Andorra e co Principado de Mónaco. O Eurotúnel liga Francia co Reino Unido, pasando por baixo do Mar do Norte. Por ese túnel circólase soamente en tren, que leva dun país para o outro mercadorías, turistas e pasaxeiros. Francia é privilexiada por ter tres áreas de litoral: ao oeste o Océano Atlántico, ao norte o Canal da Mancha e ao sur o Mar Mediterráneo.

Divisións administrativas

As principais divisións administrativas francesas son as rexións e os departamentos. O territorio francés atópase dividido en 26 rexións, das cales 22 son metropolitanas, é dicir, atópanse no continente europeo. Á súa vez as rexións divídense en 100 departamentos, dos cales 4 atópanse en territorio de ultramar. Estes á súa vez divídense nos chamados arrondissements ou distritos.

Estes distritos divídense en cantóns (para o