Artigo nos seus primeiros pasos: Este artigo relacionado coa Televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados coa televisión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.
Logo da BBC
A British Broadcasting Corporation (Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo[1]. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia.