Bebida alcohólica

Article on other languages:

Viño tinto

As bebidas alcohólicas son bebidas que conteñen o etanol (coñecido popularmente como alcohol etílico). A dependencia das bebidas alcohólicas denomínase alcoholismo.

Atendendo á elaboración pódese distinguir entre bebidas producidas por fermentación alcohólica (viños, cervexas, hidromel, sake...), nas cales o contido en alcohol non pasa de 18-20 graos, e as producidas por destilación, xeralmente a partir dun produto de fermentación (licores, augardentes, etc.)

En España celébrase o día sen alcohol o 15 de novembro.

A cantidade de alcohol dun licor ou outra bebida alcohólica mídese ben polo volume de alcohol que conteña ou ben polos seus graos de alcohol.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.