|
Article on other languages: |
O ñu é un mamífero artiodáctilo rumiante, pertencente á familia dos bóvidos.
DescriciónEste animal aseméllase moito a un antílope, ten patas delgadas e un corpo e cabeza máis ben macizos, coa pel dunha cor que oscila entre o gris e o pardo. Ten ademais unha crina negra que parte dende a caluga e chégalle ata a metade do lombo, así como unha cola longa rematada igualmente por unha crina negra. Os cornos deste animal, presentes tanto en machos coma femias, están curvados cara arriba, lixeiramente cara atrás. Cada un destes animais pesa arredor dos 250 kg, e pode vivir uns 20 anos. HábitatO ñu vive en grandes rabaños na sabana africana. Atopámolo sobre todo en Sudáfrica, Namibia, Quenia e Tanzania. EspeciesExisten dúas especies de ñus: CuriosidadesO ñu é empregado como símbolo de GNU, debido á coincidencia de nomes, pois pode usarse gnu ou wildebeest para este animal en lingua inglesa. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.